Home

Club Marina Ferrol - Noticias

Res.- 1ª Xornada Liga Alevín

Celebrouse o pasado sábado n piscina do CD Javier Gómez a 1ª xornada da Liga Alevín, con boa actuación, a pesar da falla de piscina das últimas semanas; David Carpintero gañou a proba de 50 m libre, Esteban Gómez dominou ás probas de 100 Braza e 200 costas, e Ariadna Anido, Edurne Mota e Mª Carmen Jimenez foron 1ª, 2ª e 3ª nos 100 braza, E nas probas de relevos 4 x 100 libre en masculino 1º e en feminino 2ª. Noraboa a Tod@s!!! ver resultados.

Carta aos Socios.-Convocatorias de Asembleas

Estimados socios:

É sabido que o Club ainda que está nunha situación social e económica aceptable, pasa por un momento delicado, ante a dimisión do Presidente da Entidade.

Dende septembro a Xunta Directiva pasou a rexir a Entidade como Comisión Xestora, unha situación que non pode prolongarse no tempo.

O pasado día 3 de outubro, celebrouse Asemblea Xeral Extraordinaria, sin que se presentase ningunha candidatura á Presidencia.

Agora, se sinala unha nova para o vindeiro 7 de novembro. É de vital importancia non xa que asistades a Asemblea, senón tamén que colaboredes con novos pulos e ideas na formación dun novo órgano de goberno; coa finalidade de non poñer en risco nin o funcionamento nin a continuidade da Asociación

Ferrol, 23 outubro 2014

Asdo.  A Comisión Xestora.

Descarga aqui las convocatorias de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria.

 

 

Piscina abre el Lunes

Hemos visto en el cartel en la puerta del pabellón de batallones que la Piscina abrirá el Lunes 27

Resultados 1ª xornada de Liga Infantil

Bon comenzo dos nadadores infantís na primeira xornada de Liga, con melloras persoais e primeiras mínimas dos campionatos galegos. Primeiros postos para Paula Maneiros en 100 braza e 200 costas, Tomás Manso en 100 estilos e 200 bolboreta, Marta Pereira en 100 libre, Daniel Souto en 200 libre e 200 costas, e o relevo 4 x 100 estilos mixto. Noraboa a chic@s!!! ver resultados

1ª xornada de Liga en waterpolo

O sábado 25 de outubro estrenanse os equipos de waterpolo de alevíns, infantís e absoluto, na piscina do INEF (Oleiros) contra o CN Coruña, cos seguintes horarios: Categoría Alevín ás 16:00 horas, categoría infantil ás 17:15 horas e os absolutos en 1ª división ás 18:30 horas. A saída de Batallones será ás 14:40 horas. vamosmarina!!! Moita sorte!!!

Página 190 de 255

Agradecimiento especial

Patrocinadores

Acceso