Home

Club Marina Ferrol - Noticias

DÍA DA MULLER 2026

PORTAMIÑÁ DE LUGO CAMPIÓN DO MEMORIAL 2026

 
O Club Natación PortaMiñá Lugo proclamouse campión do Trofeo de Natación do Concello de Ferrol celebrado onte na piscina de Batalones da Armada.
O podio por equipos foi completado polo Club Natación Ponteareas e o Club Natación Ferrol.
 
1. C.N. Portamiña Lugo 593,50 Puntos.
2. C.N. Ponteareas 348,00 Puntos.
3. C.N. Ferrol 232,00 Puntos.
 
Na clasificación individual os cinco primeiros postos foron acadados polos seguintes nadadores.
 
???? NOVO LOPEZ, Brais C.N. Portamiña Lugo 2185 puntos.
???? VAZQUEZ LOPEZ, Martin C.N. Portamiña Lugo 2051 pubtos.
???? RIVAS TORRES, Paulo C.N. Coruña 2014 puntos.
 
4. NAVARRO LOSADA, Sergi C.N. Ferrol 1934 puntos.
5. PARDO PERNAS, Martin FLUVIALLUGO 1883 puntos.
 
???? GOMEZ MESIAS, Alba C.N. Arteixo 2060 puntos.
???? CERNADAS GONZALEZ, Ana FLUVIAL LUGO 2009 puntos.
???? MOURENZA ROCHA, Ines C.N. Portamiña Lugo 1985 puntos.
 
4. LEMOS FERNANDEZ, Iria C.N. Ponteareas 1923 puntos.
5. CARBALLO GONZALEZ, Sofia C.N. Ponteareas 1859 puntos.
 
O Memorial está dotado de premios económicos ???? ???? ???? de 500 euros para os gañadores, 300 para os segundos clasificados, 150 para os terceiros, 100 para o cuarto e 50 para os quintos.
 
Na cerimonia de entrega estivo presente o Concellerio de Deportes do Concello de Ferrol Sr. D. Ricardo Aldrey Rey.

Nun post anterior tedes toda a información completa do Trofeo.

46º MEMORIAL JUAN VARELA. XXIX TROFEO DE NATACIÓN DE CONCELLO DE FERROL.

 
 
O vindeiro sábado, 28 de febreiro, en sesións matinal e de tarde, celébrase o Trofeo Internacional do Concello de Ferrol na piscina de Batallones (Armada ). Este campionato é un evento subvencionado exclusivamente polo Concello de Ferrol.
 
Máis de douscentos nadadores, os mellores que pasaron o corte, pertencentes ós mellores clubes galegos e de España, pelexarán polo trofeo, e polos premios individuais, que como ven sindo habitual nas últimas competicións, van dende os 500 euros libres de impostos do primeiro clasificado, ata os 50 euros dos quintos.
 
Os segundos clasificados teñen premio de 300 euros, 150 os terceiros, 100 a cuarta posición.
 
O trofeo ferrolán é o mellor dotado económicamente en premios da comunidade galega.
 
Regulamento da competición:
 
 

Resultados doutras edicións en:

Memorial 2025.

Memorial 2024.

Memorial 2023.

Memorial 2022.

CLUB COLABORADOR COA CRUZ VERMELLA

Un ano máis somos empresa colaboradora coa CRUZ VERMELLA e animamos a todos os socios para que o sexan tamén a título individual.

2ª XORNADA DE ESCOLAS

2ª XORNADA DE ESCOLAS 2026.

Hoxe, na piscina de Batallones, terá lugar a segunda xornada de escolas e prebenxamín do Club Marina Ferrol.

Os horarios son os seguintes:

Acceso á instalación 11:15 h.

Quecemento 11:30 h.

Competición 12:00 h.Series dispoñibles na seguinte ligazón:

Series

Página 1 de 261

Agradecimiento especial

Patrocinadores

Acceso