Home2º XORNADA BENXAMÍN LIGA GALEGA

Club Marina Ferrol - Noticias

2º XORNADA BENXAMÍN LIGA GALEGA

O vindeiro sábado celébrarase na piscina da Armada de Batallóns a segunda xornada de liga galega da categoría  benxamín, coa participación dos clubs Agrupación deportiva  Nautico de Narón, Club Natación Ferrol e Club Mariña Ferrol, como organizador do evento.

Con esta proba estréase a piscina de Batallóns despois da reforma integral á que foi sometida polo titular da instalación, a ARMADA ESPAÑOLA, e que supuxo unha modernización da mesma en todos os seus aspectos funcionais e estruturais, isto é vaso da piscina, praia circundante, cristalería, teitos, extracción de aire e sistema de tratamento e  salinización da auga.

Dado que os pais por causa dos protocolos  COVID non poden acceder ao interior da instalación a sesión será  retrasmitida pola canle TWICHT TV do Club Mariña Ferrol, no que se efectuará unha retransmisión global da competición centrándose en todos os equipos participantes.

https://www.twitch.tv/clubmarinaferrol

Así mesmo, efectuarase unha reportaxe completa  fotográfica de todos os nadadores e clubs participantes para que poidades dispoñer de polo menos unha instantánea de cada nadador, ben sexa  durante o evento antes de competir, ou mesmo nadando. a reportaxe será publicado na páxina de facebook do club Mariña Ferrol.

www.facebook.com/cmarinaferrol

 

As series definitivas están á vosa disposición na seguinte ligazón:

Series.

 

Agradecimiento especial

Patrocinadores

Acceso