Ferrol, 24 de febreiro de 2024.
Onte á tarde celebrouse na piscina municipal de Ferrol o campionato xuvenil de inverno de wáter-polo, que daba dereito ó campeón a participar no campionato de España da categoría.
Gañou o mesmo o Waterpolo Coruña Rías Altas, segunda posición para o Club Marina Ferrol, e terceiro o Club Waterpolo Pontevedra.