
O vindeiro sábado, 28 de febreiro, en sesións matinal e de tarde, celébrase o Trofeo Internacional do Concello de Ferrol na piscina de Batallones (Armada ). Este campionato é un evento subvencionado exclusivamente polo Concello de Ferrol.
Máis de douscentos nadadores, os mellores que pasaron o corte, pertencentes ós mellores clubes galegos e de España, pelexarán polo trofeo, e polos premios individuais, que como ven sindo habitual nas últimas competicións, van dende os 500 euros libres de impostos do primeiro clasificado, ata os 50 euros dos quintos.
Os segundos clasificados teñen premio de 300 euros, 150 os terceiros, 100 a cuarta posición.
O trofeo ferrolán é o mellor dotado económicamente en premios da comunidade galega.
Regulamento da competición:
Resultados doutras edicións en:
