Co financiamento da Vicepresidencia Segunda, e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, o CLUB MARINA FERROL adquiriu un xogo completo de seis plataformas de saída de competición, para dotar das mesmas á piscina municipal de Ferrol (Piscina Javier Gómez Noya), cun investimento de 6.594 euros.
A aposta da Consellería polo Deporte Galego, e o compromiso do Club Marina Ferrol coas instalacións municipais do Concello de Ferrol, dan como resultado esta importante mellora.
A maiores, foi contratada a unha empresa da comunidade.
Agardamos unha pronta estrea destas plataformas coa apertura da piscina.