Club Marina Ferrol - Noticias
GRUPO GES BENXAMÍN
Jaime, Adrián, Icía, Antía y Lucy.
GRUPO GES BENXAMÍN 11.01.25 RIAZOR.
Ayer, en la piscina de Riazor, participaron en el grupo GES, en la categoría benjamín, los nadadores Lucy Rey López, Jaime Ulla Rodríguez, Antía Valencia Mateo, Icia Romero Oreona y Adrián Bértalo Vázquez.Sus caras sonrientes ya demuestran que disfrutaron de la actividad en una jornada centrada en la técnica natatoria.
Onte, na piscina de Riazor, participaron no grupo GES, na categoría benjamín, os nadadores Lucy Rey López, Jaime Ulla Rodríguez, Antía Valencia Mateo, Icia Romero Oreona e Adrián Bértalo Vázquez.As súas caras riseiras xa demostran que gozaron da actividade nunha xornada centrada na técnica natatoria.
TEMPERATURA AGUA PISCINA MUNICIPAL E FUNCIONAMENTO DAS DUCHAS
Estimados socios:
Ao longo do presente curso transmitimos á concellería de deportes de Ferrol as queixas que nos iades facendo sobre o problema recorrente da temperatura da auga da piscina pequena e o mal funcionamento dos quentadores, na instalación municipal de Caranza.
Comunícanos agora o concelleiro Sr. Aldrey, que a semana que vén vai proceder á instalación dun novo elemento que pensan solucionará o problema da temperatura.
Pedímosvos que non deixedes de indicarnos todo o que entendades que é oportuno para que os bebés e os seus acompañantes poidan gozar como corresponde da actividade, e para poder facer un seguimento adecuado das actuacións que poida levar a cabo o Concello de Ferrol ou constatar a pasividade do mesmo.
Atentamente,
A XUNTA DIRECTIVA.
LA JUNTA DIRECTIVA.
NICO ASTIGARRABÍA COA SELECCIÓN NACIONAL
Nicolás Astigarrabía Rodríguez foi convocado á concentración de preparación xeral da selección nacional, que se vai celebrar no centro de alto rendimiento de Sant Cugat (CAR) os vindeiros días 9 a 13 de decembro.
O medallista e campión nacional do Club Marina Ferrol está a recoller os froitos do seu traballo na pasada tempada.
Noraboa Nico e familia.
SEGUNDA XORNADA LIGA MASTER
Xa van dúas xornadas máster da liga da FEGAN - Federación Galega de Natación, a primeira tivo lugar na piscina de Xove, e a segunda no día de onte na piscina municipal de Ferrol.
Cando teñamos os resultados poñeremos aquí unha ligazón: